De pronto nos enteramos de que hai alguén máis, alguén a quen non lle gusta a luz do sol, e por iso esta agochado nun lugar escuro da nosa escola.
Cando imos amodiño e en silencio a ver quen é, vemos que está a durmir !
Claro, dicimos, se é un MORCEGO !
Así o atopamos, colgado coa cabeza para abaixo, moi quieto, pero co ruído que fixemos espertou.
Tamén nos enteramos de que fora él o que comera un pouco do noso caqui.
Decidimos que queremos quede con nos, pero tamén nos damos conta de que non sabemos moito sobre os morcegos. Que comen ? Como nacen ? Onde viven? E comezamos a investigar como viven os morcegos.