Páxinas

28/03/19

¡CANTO QUEREMOS A MARICARMEN!


As nenas e os nenos de Infantil queremos moito a Maricarmen. Axúdanos en moitas cousas, pero sobre todo co traballo da nosa horta.
Un día, xa hai tempo, sementamos cenorias que trouxo o nos compañeiro Manuel. Pero as cenorias non medraban.
Un conto da biblioteca dounos unha pista : ¿os paxaros comerían as sementes das cosas cenorias?


Rápidamente dixémoslle a Maricarmen o que sospeitabamos, e ela fixo e colocou na nosa horta ese mesmo día un espantapaxaros chulísimo. Encantounos! 

A nosa compañeira Alma fíxolle este precioso debuxo como regalo. Gustavos? Pódese ver como un paxaro escapa tan á presa que ata lle cae unha pluma! 👋👋

24/03/19

AS MAMÁS CHIMPANCÉS CRÍAN AOS SEUS BEBÉS

As mamás chimpancés coidan aos seus bebés como nos coidan a nós as nosas mamás.



AS TRES R

¿Queredes saber o que significan as TRES R para coidar o noso planeta?


QUEREMOS COIDAR O PLANETA!

Estamos aprendendo o dano que poden facer as bolsas de plástico na natureza.