Temos que ser moi cuidadosos coas bolsas de plástico, se non poden pasar cousas como esta:
O TEMPO EN LOURO
27/10/19
LIMPAMOS A PRAIA!
O venres participamos nunca actividade organizada polo concello de limpeza de praias. Nós limpamos a de San Francisco.
Tiñamos a misión de recoller todos os plásticos que viramos, e xuntamos moitísimos!
Sonia, a encargada da actividade, contounos as consecuencias de que as persoas tiremos tantos resíduos de plástico. É terrible!
Nós estamos moi orgullosos do noso traballo na escola. Participamos na actividade RECREOS RESÍDUOS CERO, e xa non tiramos case nada de plástico. Somos uns campións!
Tiñamos a misión de recoller todos os plásticos que viramos, e xuntamos moitísimos!
Sonia, a encargada da actividade, contounos as consecuencias de que as persoas tiremos tantos resíduos de plástico. É terrible!
E fixémolo tan ben que ata saímos no xornal! Aquí redes o enlace da noticia:
15/10/19
ESTAMOS EN OUTONO!
Xa estamos en outono. Vai máis frío, os días son máis curtos, e a algunhas árbores cáenlle as follas. Se queres probar o que sabes do outono, atrévete con este xogo. Fai clic nas seguintes palabras :
A BRUXA REGAÑADENTES
Non só Carapuchiña vive no bosque.
Tamén vive unha famosa bruxa, moi coñecida polos seus dentes de ferro : A bruxa Regañadentes
A LANDRA E O CARBALLO
Un día saímos explorar o bosque, acompañados de Sonia, a axente medioambiental do concello de Muros. Vimos moitas árbores, toxos, paxaros, cogumelos, ... E moitas landras!
Nós xa colleramos landras no patio do noso colexio, e vimos como caían dunha árbore chamada carballo.
O que non sabíamos era que ¡dunha landra pode nacer un carballo!
E cando vimos este vídeo na escola, non o podíamos crer! Unha landra, como as que recollimos no bosque, convertíase nunha árbore! Parece maxia!
¿QUEN VIVE NOS BOSQUES?
Descubre con Doki que vive no bosque :
¿QUE NOS APORTAN OS BOSQUES?
¿Imaxinades un mundo sen bosques? Sería terrible! Cantas cousas nos aportan!!
¿QUE LLE PASA A CARAPUCHIÑA?
Un día recibimos na escola esta mensaxe :
¿Por que estaba tan triste Carapuchiña? De pronto, decatámonos de que o bosque estaba queimado e de que había algo escrito. Decidimos axudar a Carapuchiña para protexer os bosques onde teñen lugar os contos ... e onde viven moitas árbores e animais!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




