Páxinas

24/03/20

¡IMOS CONTAR! PREPARADOS, LISTOS, XA!

Chegou o momento das mates. Na escola facemos unha actividade sinxela para traballar a serie numérica (en orde ascendente, do 0 ao 10, e en orde descendente, do 10 ao 0) pero que lles gusta moito e da moito xogo cos números.
MATERIAL: as vosas mans.
PROCESO:
  • Poñédesvos diante da vosa nena/o coas dúas mans detras do lombo.
  • Mostrades unha soa man, pechada, e decides "Cero"(non hai ningún dedo levantado). Logo ides levantando amodo dedo a dedo e contando á vez ("Un, dous, tres, catro, cinco"). O número que decimos sempre ten que corresponder ao número de dedos levantados.
  • Cando chegamos a cinco, facemos ver que temos cinco dedos na man, non hai máis. Cos máis peques podemos cantar "Cinco lobiños".
  • Logo, mantendo os dedos desa man levantados, mostramos tamén a que aínda tiñamos detrás do lombo, ao lado da outra,  e imos levantando os seus dedos e contando ("seis, sete, oito ..."). Ten que quedar claro que para formar os números maiores que cinco necesitamos das dúas mans.
  • Cando chegamos a dez, facemos ver que temos 10 dedos nas dúas mans. 
  • E comezamos a viaxe inversa : imos baixando amodo dedo a dedo e contando en orde descendente ("Dez, nove, oito, ...)
  • Cando baixamos os cinco dedos dunha man, inmediatamente a levamos detrás do lombo. So queda unha man cos seus cinco dedos leventados.
  • E continuamos así ata o cero.
Podedes imprimir este material no que se ve a equivalencia a grafía dos números, dedos das mans e cantidade (puntiños nos dados)



Na escola temos dous dados cos que sumamos de maneira manipulativa. Son cubos de madeira de cores diferentes dun xogo de construción tuneados. Púxenlle en cada cara un número (do 0 ao 5).
Tirámolos e sumamos as cantidades dos dous dados. Desta maneira:

  • Miramos e decimos o número que saiu en cada dado. Cada un deses números facémolo cunha man, levantando os dedos que correspondan. 
  • Coas dúas mans detrás do lombo, decimos:"Pensamos, preparamos (estiramos os dedos aínda coas mans detrás do lombo) e ¡ensinamos!" (Mostramos as mans. Cada man=cada dado) Comprobamos que está ben. 
  • Observando as mans, decimos cal é o número maior dos dous (recalcade aos peques que o número maior será o que corresponde a máis dedos levantados) e decimos : 4 é maior ca 2 (por exemplo)
  • Para sumar as dúas cantidades, "gardamos" ese número maior na cabeza (levamos a man que ten máis dedos levantados á cabeza) e contamos a partir dese número os dedos da outra man. No exemplo de "catro máis dous", levamos á cabeza a man cos catro dedos levantados e contamos só os dedos da outra man, pero a partir de catro: "cinco e seis. Catro máis dous son seis".
Podedes tamén descargar este material. Son dúas rectas numéricas. A de abaixo gústame moito. Se xogades poñendo algo pequeno en cada columna, van asociando moi ben a grafía de cada número coa cantidade, onde hai máis cousas e menos, cantas máis ou cantas menos, ...







Ningún comentario:

Publicar un comentario