Páxinas

03/04/20

A PRIMAVERA NON O SABÍA ...

Achégovos este fermoso e emocionante vídeo para facervos unha proposta. 
Nestes días nos que estamos encerrados nas nosas casas, aí fóra están a ocorrer un montón de cousas asombrosas: brótanlle as follas ás árbores, o campo énchese de flores, vemos voar bolboretas, oímos o canto dos paxaros, ... Xa chegou a primavera!
Que vos parece se compartimos o que máis nos guste ou impresione de todos esos cambios que están a acontecer na natureza? A través de fotos, vídeos, debuxos feitos polos peques nos que a primavera e os cambios que trae sexan os protagonistas. 
Anímovos a todos a participar!


Ningún comentario:

Publicar un comentario