Páxinas

05/04/20

MANUALIDADES PARA AS VACACIÓNS

COELLIÑOS DE CALCETÍN
Recicla os teus vellos calcetíns con esta proposta de manualidades.

Materiales

  • Calcetíns vellos
  • Arroz
  • Goma elástica
  • Corda
  • Fieltro negro e vermello

Pasos

  1. Enche un calcetín vello de arroz (ata un pouco máis da metade).
  2. Átao cunha corda para que non saia nada e corta en dúas partes o anaco sobrante (a modo de orellas).
  3. Coloca unha goma elástica ou unha corda na parte superior para distinguir a cabeza.
  4. Deseña os ollos, o nariz e a boca con fieltro e pégaos.

PITIÑOS CON CAIXAS DE OVOS DE CARTÓN
Un material tan simple como unhas caixas de ovos de cartón pode dar como resultado estos simpáticos pitiños. 
Temos que cortar a caixa de ovos para deixar dous cuencos unidos que doblaremos para crear unha forma redondeada. Un pouco de pintura da color que máis nos guste, un rombo de cartulina laranxa que pegaremos coma se fora o peteiro, dous olliños negros e unha pluma completarán esta manualidade. 
Estos pitiños, ademáis de decorativos, poden servirnos coma unha orixinal caixiña onde colocar algúns chocolates ou doces para estes días de vacacións.


OVOS GAMBERROS 😜
Xa vedes o proceso neste vídeo.


Tamén podedes debuxar a silueta dun ovo e decoralo á vosa maneira.

Se queredes ver máis ideas, clicade nesta imaxe:


Ningún comentario:

Publicar un comentario