Páxinas

01/04/20

O NOSO DIARIO CONFINADO

Esta semana pasaron xa un montón de cousas importantes: 

ALEJANDRO BÚA demostrou a súa gran destreza para voar cometas! Un merecido aplauso por lograr algo tan difícil! 👏👏👏


SUEVIA comezou o seu libro de matemáticas e ... 


 
... co dominio da edición de vídeos á que xa nos ten acostumados, recitounos o dito deste mes! Unha crack!



MANUEL é quen de escoitar con atención un longo conto e  debuxar aos seus protagonistas, e todo eso sen despeinarse (ver foto 😜). Pero eso sería chupado coma un xeado se non tuvera que seguir as instruccións en inglés para facer o debuxo! Vamos, para nota o muchacho! 👏👏





Nesta foto podemos ver a ANDRÉ con cara de satisfacción pensando en como vai comer esas deliciosas galletas. E é que tiña ben merecido o premio despois de ...






...sementar sementes de TOMATES CHERRY, CABAZA, RABANIÑOS E MINI XIRASOIS!
Moita sorte, André, xa nos contarás!





ALEJANDRO LAGO pásao fenomenal xogando ás cadeiras musicais. Onde haia música, aí verás a Alejandro!
E por último, PAULA móstranos unha sesión de running doméstico, que xa fai súar so véndoa! Toda unha atleta! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario