
Cando as aves xa están emparelladas, comezan a preparar o niño.
O niño pode construilo a femia, o macho ou os dous.
O niño serve de refuxio na época de anidación e nos primeiros días e semanas de vida dos pitos.
A construción do niño e a eclosión, sempre é na primavera e no verán, así teñen moito alimento para os pitos e permítelles medrar rápidamente.
Ás aves poden facer niños moi simples, ou máis complicados. E poden utilizalos como un lugar para dormir ou para agocharse despois de que o período de nidificación remate. Se a súa construción é sólida, como un burato ou unha caixa niño, as aves a aproveitan durante todo o ano.
¿E por que uns niños son máis elaborados e complicados ca outros? Pois a resposta está na maneira na que as mamás e papás paxaro coidan das súas crias.
NIÑOS ¨SINXELOS¨

NIÑO DE CISNE

NIÑO DE PATO
A maioría dos patos, cisnes e zampullíns fan niños moi simples, aínda que poden estar ben agochados. A razón é que o tempo
de permanencia no niño dos pitos é moi pequeno despois da eclosión. Os pitos xa nacen cubertos de penuxe, que se reemplaza rápidamente con plumas. Abandonan pronto o niño. E poden moverse e atopar comida por sí mesmos rápidamente, aínda que permanecen baixo o coidado dun dos seus pais.
NIÑOS ¨COMPLICADOS¨
Pero os pitos doutras aves nacen sen apenas penuxe, cegos e con necesidade de coidados durante un período de tempo máis longo. Non son capaces de manter a temperatura corporal adecuada nin de moverse (voar) para buscar comida. Mamá e papá aliméntanos e mantéñenos quentes durante máis tempo. Por este motivo, teñen que construir niños que se manteñan durante máis tempo.
Neste grupo están moitas aves que vemos por aquí :
![]() |
| NIDO DE CORVO |
![]() |
| NIDO DE OURIOLO |
![]() |
| NIDO DE PARDAL |
![]() |
| NIDO DE FERREIRIÑO |





Ningún comentario:
Publicar un comentario