Pero á vez, resulta unha actividade educativa, xa que sen darnos conta estamos realizando todo un traballo de investigación sobre as plantas que temos ao noso arredor. Ademáis podemos darlle o noso toque artístico ao resultado final. Xenial!
O proceso é os seguinte:
RECOLECCIÓN DE MOSTRAS
O primeiro que faremos será recolectar plantas, e identificalas. Podemos levar:
- unhas tesoiras
- unha carpeta con papeis de xornal dentro para gardar as mostras
- unha guía de plantas ou usar unha app para identificalas.
PRENSAR AS MOSTRAS
Elaboraremos a nosa "prensa caseira". Necesitamos:
- Xornais ou papel de cociña
- Trozos de cartón do mesmo tamaño que o papel que usemos.
- Libros pesados
Logo montámola coma un "sandwich" :
- Colocamos un dos trozos de cartón
- O papel de cociña ou de xornal
- As mostras das plantas (con coidado de que non se arruguen, e de que non se toquen unhas con outras)
- De novo outro papel e outro trozo de cartón
- Por último, a pila de libros encima.
Ao cabo dunhas semanas, as mostras das plantas estarán secas. E podemos comezar a elaborar o noso herbario. Esa será a segunda parte ...
Para velo máis claro:
Ningún comentario:
Publicar un comentario