Páxinas

15/04/20

AS AVES MIGRADORAS



As aves migradoras teñen uns lugares de cría en primavera-verán, onde se reproducen.  
E unhas áreas de invernada onde pasan o inverno. 

Cando as aves viaxan entre os dous lugares, dise que fan os  MOVEMENTOS OU VIAXES MIGRATORIOS

Cando está a rematar o inverno e vai comezar a primavera, as aves migradoras fan a MIGRACIÓN PRIMAVERAL OU PRENUPCIAL. Viaxan ao lugar onde van ter as súas crías.
Algunhas, xa se reencontran coa súa parella de todos os anos, e outras buscan a súa parella. De todos os xeitos, antes de poñer os ovos, necesitan construir un niño, o fogar onde van criar aos sus bebés.
Neste vídeo vas ver como unha ANDORIÑA, un ave que ademáis de a outros lugares, tamén ven a Louro, está a construir o seu niño.

Logo, cando chega o final do verán, as aves saben que virá o outono, e comezan a súa MIGRACIÓN POSTNUPCIAL OU OTOÑAL.
Todos os anos, as aves fan as mesmas viaxes : son as súas RUTAS MIGRATORIAS.

Estas grandes viaxes suelen durar varios días ou incluso semanas. Por eso, as aves deben parar a descansar e alimentarse en puntos adecuados que se chaman ÁREAS DE REPOUSO


ÁREA DE DESCANSO DAS AVES EN LOURO
Estos lugares onde poden descansar e comer, resultan moi importantes para que a viaxe remate ben. 
Un deles é a Lagoa de Louro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario