Páxinas

15/04/20

¿POR QUE MIGRAN AS AVES?

Xa vimos na anterior entrada que hai aves que viaxan cada ano, durante días ou semanas. Ás veces recorren enormes distancias, debe ser cansadísimo! Entón, por que o farán?










¿Que están a facer estas aves? ☝🏼
Están comendo. As aves permanecen nun lugar se hai alimento para elas, se poden comer. Se non é así, teñen que viaxar a un lugar onde teñan comida.
Ás veces hai alimento, pero non o poden comer porque hai moito frío que pode xear a auga (as aves pescadoras non poden coller os peixes, non poden beber, ...), neva (non atopan facilmente insectos, plantas, ...), ...

 Así, moitas especies de aves abandonan as zonas máis frías  con invernos máis desfavorables, e viaxan a lugares máis quentiños. Pero tamén destes lugares, aparentemente máis agradables, desaparecen moitos exemplares  doutras especies, que viaxan ao continente africano.



Se queres saber máis sobre a migración das aves, podes ler esta outra entrada do noso blogue :
https://mardelouro.blogspot.com/2020/03/as-viaxes-das-aves.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario