¿Que están a facer estas aves? ☝🏼
Ás veces hai alimento, pero non o poden comer porque hai moito frío que pode xear a auga (as aves pescadoras non poden coller os peixes, non poden beber, ...), neva (non atopan facilmente insectos, plantas, ...), ...
Así, moitas especies de aves abandonan as zonas máis frías con invernos máis desfavorables, e viaxan a lugares máis quentiños. Pero tamén destes lugares, aparentemente máis agradables, desaparecen moitos exemplares doutras especies, que viaxan ao continente africano.
Se queres saber máis sobre a migración das aves, podes ler esta outra entrada do noso blogue :
https://mardelouro.blogspot.com/2020/03/as-viaxes-das-aves.html


Ningún comentario:
Publicar un comentario