Xa vimos que as aves, unha vez que xa atoparon parella, fan os seus niños para criar aos seus bebés.
Todo este proceso comeza xa no inverno. No mes de febreiro, xa andan os paxariños buscando un lugar axeitado para construir o seu niño. Pero, gustaríache axudarlles?
Se é así, a túa axuda consistiría en construir coa axuda dun adulto, unha CAIXA NIÑO.
Unha vez construída, buscas un lugar axeitado onde poñela, e logo ... Oh!!! Algún ave fará desa caixiña que fixeches a súa casa! 👏👏👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario