Páxinas

02/04/20

¿E SE FACEMOS CAIXAS NIÑO?

Xa vimos que as aves, unha vez que xa atoparon parella,  fan os seus niños para criar aos seus bebés. 
Todo este proceso comeza xa no inverno. No mes de febreiro, xa andan os paxariños buscando un lugar axeitado para construir o seu niño. Pero, gustaríache axudarlles?
Se é así, a túa axuda consistiría en construir coa axuda dun adulto, unha CAIXA NIÑO



Unha vez construída, buscas un lugar axeitado onde poñela, e logo ...  Oh!!! Algún ave fará desa caixiña que fixeches a súa casa! 👏👏👏

                               

Anota esta tarefa para o ano que ven. Non o esquezas, ao comezo do inverno terás unha importante misión : construir unha caixa niño!

Ningún comentario:

Publicar un comentario