Un dos aspectos máis fascinantes das aves son os RITUAIS DE APAREAMENTO, relacionados coa busca de parella, e a construción dun niño e o coidado das crías.
Cando se acerca a primavera, o primeiro paso é atopar unha parella. Lembrades a actividade da "voda dos paxariños" pola Candeloria? Daquela, a principios de febreiro, xa estaban na busca dunha parella.
E como o fan? Normalmente é o macho o que ten que atraer a atención dunha femia, e para logralo utiliza unha grande variedade de medios :

- O BAILE :
- DIFERENTES SONS, CANCIÓNS E VOCES :
- ESPECTÁCULOS VISUAIS :
Tamén hai outras aves que ofrecen regalos, fan acrobacias, ...
Algún destes días de primavera seguro que escoitades a través da ventana ou na horta o canto dos paxaros.
¿Pero por que son os machos os que teñen que atraer ás femias? As femias fanse cargo da maioría das tarefas relacionadas coa cría dos ovos, polo que é mellor para elas ocultar a súa presenza dos depredadores na tempada de nidificación.
Despois de que xa atoparon parella, as aves comezan a preparar o niño. E eso será outra historia para a próxima entrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario