O TEMPO EN LOURO

13/05/20

A BANDA DAS PITAS

As pitas baixo a choiva ten a súa banda sonora, catro cancións coas pitas coma protagonistas. Quérela escoitar?


12/05/20

UN FERMOSO LIBRO DE AVES

A nosa compañeira Paula quixo compartir connosco este precioso libro que recibiu como agasallo o Día do Libro. Fai clic na imaxe e verás algunha das súas páxinas .


E se queres comezar a identificar cantos de paxaros, fai clic no seguinte enlace:

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

O Día das Letras Galegas deste ano adícase a RICARDO CARVALHO CALERO

Un dos seus libros máis famosos para os nenos e nenas é As pitas baixo a choiva.
Neste libro Ricardo conta unha cousa que lle pasou de pequeno cando quería recoller as galiñas

que se mollaban coa choiva e acabaron todos mollados como pitos: as galiñas, el e toda a súa familia. 

06/05/20

ARTE : CREAMOS UN ARCIMBOLDO

De paso que imos recoller mostras para o noso herbario, podemos inspirarnos nas plantas que vexamos para a nosa próxima recreación artística. 
Nesta ocasión convertémonos en ARCIMBOLDO, grazas a unha estupenda web : RZ100Arte.




Podes descargar e imprimir este material. 

FACEMOS UN HERBARIO DE FOLLAS. 1º PARTE

Elaborar un herbario é unha actividade divertida para realizar en familia, disfrutando á vez das saídas á natureza nestes días de primavera. 
Pero á vez, resulta unha actividade educativa, xa que sen darnos conta estamos realizando todo un traballo de investigación sobre as plantas que temos ao noso arredor. Ademáis podemos darlle o noso toque artístico ao resultado final. Xenial!
O proceso é os seguinte: 

RECOLECCIÓN DE MOSTRAS
O primeiro que faremos será recolectar plantas, e identificalas. Podemos levar: 
  • unhas tesoiras 
  • unha carpeta con papeis de xornal dentro para gardar as mostras  
  • unha guía de plantas ou usar unha app para identificalas. 
PRENSAR AS MOSTRAS
Elaboraremos a nosa "prensa caseira". Necesitamos: 
  • Xornais ou papel de cociña
  • Trozos de cartón do mesmo tamaño que o papel que usemos.
  • Libros pesados
Logo montámola coma un "sandwich" : 
  • Colocamos un dos trozos de cartón
  • O papel de cociña ou de xornal
  • As mostras das plantas (con coidado de que non se arruguen, e de que non se toquen unhas con outras)
  • De novo outro papel e outro trozo de cartón
  • Por último, a pila de libros encima.

É importante ir cambiando os papeis que rodean as mostras, para poñer outros secos.




Ao cabo dunhas semanas, as mostras das plantas estarán secas. E podemos comezar a elaborar o noso herbario. Esa será a segunda parte ...
Para velo máis claro:

DÍA DA NAI

No blogue da biblioteca do noso colexio temos esta marabillosa suxerencia de lectura e debuxo. Disfrutade coas dúas!


05/05/20

¡A CANTAR!

¿Apetécevos cantar con contos de aves?
Aquí tedes as cancións dos contos "O polo Pepe" e "Cocorico"
A cantar e a disfrutar!







COCORICO

Xa coñecedes o conto de COCORICO, pero ahora podedes velo coma unha película! Abride ben os ollos e as orellas que vai comezar!



30/04/20

POÑEMOS A XERMINAR UN TOMATE

Tedes algún tomate pola casa? Se é así, podedes facer un interesante experimento científico de BOTÁNICA, que é a ciencia que estuda as plantas.

DETECTIVES DE ÁRBORES

Ademáis de aves, nós tamén investigamos as árbores : a cortiza do seu tronco, as súas follas, os seus froitos, ...
Somos tamén DETECTIVES DE ÁRBORES!

E ahora temos unha misión que cumplir. Propónnola ADEGA. Atréveste a comezar?

28/04/20

MATTEW LENOS UN CONTO DESDE CONEY ISLAND

Lembrades a Mattew? Seguro que si!  
Todos os mércores Mattew nos contaba un conto en inglés na bibliotca do colexio, e tamén viña á nosa clase os venres despois do recreo.
Estaba moi contento en Louro connosco pero, polo coronavirus,  tuvo que marchar para a súa casa en Coney Iasland, en Estados Unidos.
Bótanos moito de menos, e enviounos un conto. Se queres velo e escoitalo, fai clic no vídeo:


AS GALIÑAS


AS GALIÑAS SON AVES porque :
  • Teñen o corpo cuberto de plumas
  • Para ter as crías poñen ovos
  • Non teñen boca con dentes, teñen pico
  • Os seus ósos son ocos
As aves que vimos ata ahora, son ANIMAIS SALVAXES. Non viven coas persoas.
As galiñas, en cambio, viven connosco. Están nun galiñeiro, ou nas granxas. Nós, as persoas, dámoslle o alimento que precisan, a auga que necesitan e un refuxio para estar protexidas.
AS GALIÑAS SON ANIMAIS DOMÉSTICOS


Imos ahora cunha historia chea de humor protagonizada por unha galiña, un galo e as persoas coas que viven.

DEBUXAR É FÁCIL SE TES UN LAPIS!

Debuxar é fácil se tes un lapis! Este é, máis ou menos o título deste vídeo que nos envía o noso compañeiro Alejandro Búa. Se queres probar, fai clic na imaxe: 


Alejandro xa probou, e mira que debuxos tan bonitos lle quedaron! 


Grazas Alejandro, por compartilo connosco!


26/04/20

A EIRUGA LAMBETEIRA

Este conto trata dunha eiruga á que lle gustaba moito, moito comer. Tanto comeu o luns, e o martes, e o mércores, e ..... Mellor que o vexades vós mesmos neste vídeo:



¿Imaxinabades o final, ou pola contra sorprendeuvos?

Se vos gustou, podedes facer algunha das actividades que están neste enlace:

24/04/20

O VOO DAS AVES

Resulta fascinante ver voar ás aves. Ver como despegan do chan ou como planean no aire.
A súa capacidade de voar permítelles chegar a tódolos recunchos do planeta, e recorrer enormes distancias nas súas viaxes migratorias.
Neste vídeo podes ver diferentes exemplos do voo das aves: 

DESCONFINAMENTO

DESCONFINAMIENTO. Menuda palabra figura no título desta entrada! A que custa pronunciala? E, sin embargo, trae moi boas noticias para todas as nenas e nenos: por fin imos poder saír da casa!
Pero, non podemos facelo de calqueira maneira. A nosa compañeira PAULA enviounos este precioso conto para que vaiamos saindo da nosa casa con seguridade, sen poñernos maliños.

Se queredes, tamén podedes velo desta outra maneira ou descargalo. Grazas Paula!

23/04/20

DETECTIVES DE AVES

DETECTIVES DE AVES
Acabamos de recibir este curioso vídeo da dective de aves MARTINA. Esta tarde, estuvo peinando aos seus dous cans Duna e Ringo, e a horta quedou cheíña de pelos. 

Pouco despois, ocorreu algo que chamou a atención de Martina: un ave estaba recollendo co seu pico os pelos dos cans. Para que credes que os collía?
Si, acertáchedes! Para facer o seu niño! Que emocionante, verdade?
Martina cree que pode ser un pardal ou un paporrubio. ¿Estás dacordo? Podes deixar a túa resposta nos comentarios.

22/04/20

CELEBRAMOS A DISTANCIA O DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, conmemórase o DÍA DO LIBRO
Non estamos na escola, pero quixemos celebralo igualmente desde a nosa casa, participando na campaña O MEU LIBRO FAVORITO

ALEJANDRO LAGO
Elmer y el arco iris


ALEJANDRO BÚA
Busca y encuentra 1000 dinosaurios

ANDRÉ
LOS TRES CERDITOS


HUGO
Gigantosaurio
MANUEL
Abezoo

MARTINA
Valentina


PAULA
¿QUE SIENTES


RODRIGO
Peppa va de excursión


SUEVIA
A vaca que puxo un ovo

CELINA
A eiruga lambeteira

¡FELIZ DÍA DO LIBRO!

21/04/20

DETECTIVES DE AVES


A nosa compañeira Martina e os nosos compañeiros Hugo e Manuel enviaron fotografías de aves avistadas cerca das súas casas.
De fas clic no debuxo das aves, terás máis información.
HUGO enviou fotos dun pardal, unha pega e un pombo torcaz
PEGA


POMBO TORCAZ
PARDAL

PEGA (Urraca)

PARDAL

POMBO TORCAZ


MARTINA enviou fotos dun merlo e unha lavandeira

MERLO
LAVANDEIRA
LAVANDEIRA
MERLO
MANUEL enviou fotos de andoriñas e gaivotas.

ANDORIÑA
ANDORIÑA
ANDORIÑA

GAIVOTA

GAIVOTA


ANDORIÑA
GAIVOTA

HELLO SARAH!

Seguro que vos lembrades de Sarah, a que sí?

E tamén recordaredes en que idioma falaba, verdade? de feito, estuvo no colexio de Louro para que nós poideramos aprender inglés con ela.
Pois resulta que ela tamén ten un blogue, coma nós! E nel fala de Louro e das nenas e nenos de Louro. Se queredes ver a Sarah e escoitala, facede clic neste enlace :

Desde Louro, mandámoslle un bico moi, moi grande!

PROPOSTAS DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Aquí chegan, como todas as semanas, as propostas de AUDICIÓN E LINGUAXE que nos deixa a profe Ángela:
Grazas Ángela!

19/04/20

24 DE ABRIL: ACCIÓN GLOBAL POLO CLIMA


O día 24 de abril, ás 22:00 horas, podedes sumarvos á accion global polo clima. 
Tedes máis información aquí:





E aquí:

Se vos animades a participar, tedes aquí un tutorial para elaborar as plantillas recortables.


SOMOS BOOK TUBERS! CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO CON RECOMENDACIÓNS DE LECTURA!

As nenas e nenos de Primaria tamén queren celebrar o Día do Libro dunha maneira especial: Facendo un vídeo no que recomendan un libro que lles gustara moito.
Se queredes inspirarvos para o voso vídeo, facede clic na imaxe:

16/04/20

DETECTIVES DE AVES



O fin de semana (os días que non teredes tarefa escolar) ides ter unha importante misión que cumplir. 






Se estades dispostos a aceptar esta emocionate e importante misión, lede con atención este documento.


Recorda que todas e todos estamos nesta misión. Se consigues algún resultado, ponte en contacto co equipo.

15/04/20

¿POR QUE MIGRAN AS AVES?

Xa vimos na anterior entrada que hai aves que viaxan cada ano, durante días ou semanas. Ás veces recorren enormes distancias, debe ser cansadísimo! Entón, por que o farán?










¿Que están a facer estas aves? ☝🏼
Están comendo. As aves permanecen nun lugar se hai alimento para elas, se poden comer. Se non é así, teñen que viaxar a un lugar onde teñan comida.
Ás veces hai alimento, pero non o poden comer porque hai moito frío que pode xear a auga (as aves pescadoras non poden coller os peixes, non poden beber, ...), neva (non atopan facilmente insectos, plantas, ...), ...

 Así, moitas especies de aves abandonan as zonas máis frías  con invernos máis desfavorables, e viaxan a lugares máis quentiños. Pero tamén destes lugares, aparentemente máis agradables, desaparecen moitos exemplares  doutras especies, que viaxan ao continente africano.



Se queres saber máis sobre a migración das aves, podes ler esta outra entrada do noso blogue :
https://mardelouro.blogspot.com/2020/03/as-viaxes-das-aves.html

AS AVES MIGRADORAS



As aves migradoras teñen uns lugares de cría en primavera-verán, onde se reproducen.  
E unhas áreas de invernada onde pasan o inverno. 

Cando as aves viaxan entre os dous lugares, dise que fan os  MOVEMENTOS OU VIAXES MIGRATORIOS

Cando está a rematar o inverno e vai comezar a primavera, as aves migradoras fan a MIGRACIÓN PRIMAVERAL OU PRENUPCIAL. Viaxan ao lugar onde van ter as súas crías.
Algunhas, xa se reencontran coa súa parella de todos os anos, e outras buscan a súa parella. De todos os xeitos, antes de poñer os ovos, necesitan construir un niño, o fogar onde van criar aos sus bebés.
Neste vídeo vas ver como unha ANDORIÑA, un ave que ademáis de a outros lugares, tamén ven a Louro, está a construir o seu niño.

Logo, cando chega o final do verán, as aves saben que virá o outono, e comezan a súa MIGRACIÓN POSTNUPCIAL OU OTOÑAL.
Todos os anos, as aves fan as mesmas viaxes : son as súas RUTAS MIGRATORIAS.

Estas grandes viaxes suelen durar varios días ou incluso semanas. Por eso, as aves deben parar a descansar e alimentarse en puntos adecuados que se chaman ÁREAS DE REPOUSO


ÁREA DE DESCANSO DAS AVES EN LOURO
Estos lugares onde poden descansar e comer, resultan moi importantes para que a viaxe remate ben. 
Un deles é a Lagoa de Louro.


NOTICIAS DESDE A NOSA ESCOLA

A nosa amiga Maricarmen é tamén a nosa botánica do cole. 
Estos días que nos non podemos ir, ela envíanos informes de como van as nosas plantas da horta. Ata ahora, son boas noticias!


Grazas Maricarmen!

PROPOSTAS DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Aquí temos as propostas que a profe Ángela, de AUDICIÓN E LINGUAXE, nos envía para esta semana.


Grazas Ángela!