O TEMPO EN LOURO

27/10/19

HISTORIA DUNHA BOLSA DE PLÁSTICO

Temos que ser moi cuidadosos coas bolsas de plástico, se non poden pasar cousas como esta:




LIMPAMOS A PRAIA!

O venres participamos nunca actividade organizada polo concello de limpeza de praias. Nós limpamos a de San Francisco.
Tiñamos a misión de recoller todos os plásticos que viramos, e xuntamos moitísimos!
Sonia, a encargada da actividade, contounos as consecuencias de que as persoas tiremos tantos resíduos de plástico. É terrible!









E fixémolo tan ben que ata saímos no xornal! Aquí redes o enlace da noticia: 


Nós estamos moi orgullosos do noso traballo na escola. Participamos na actividade RECREOS RESÍDUOS CERO, e xa non tiramos case nada de plástico. Somos uns campións!




15/10/19

ESTAMOS EN OUTONO!


Xa estamos en outono. Vai máis frío, os días son máis curtos, e a algunhas árbores cáenlle as follas. Se queres probar o que sabes do outono, atrévete con este xogo. Fai clic nas seguintes palabras :


A BRUXA REGAÑADENTES

Non só Carapuchiña vive no bosque. 
Tamén vive unha famosa bruxa, moi coñecida polos seus dentes de ferro : A bruxa Regañadentes


A LANDRA E O CARBALLO

Un día saímos explorar o bosque, acompañados de Sonia, a axente medioambiental do concello de Muros. Vimos moitas árbores, toxos, paxaros, cogumelos, ... E moitas landras! 
Nós xa colleramos landras no patio do noso colexio, e vimos como caían dunha árbore chamada carballo. 
O que non sabíamos era que ¡dunha landra pode nacer un carballo!
E cando vimos este vídeo na escola, non o podíamos crer! Unha landra, como as que recollimos no bosque, convertíase nunha árbore! Parece maxia!




¿QUEN VIVE NOS BOSQUES?


Descubre con Doki que vive no bosque :



¿QUE NOS APORTAN OS BOSQUES?


¿Imaxinades un mundo sen bosques? Sería terrible! Cantas cousas nos aportan!! 



¿QUE LLE PASA A CARAPUCHIÑA?

Un día recibimos na escola esta mensaxe :



¿Por que estaba tan triste Carapuchiña? De pronto, decatámonos de que o bosque estaba queimado e de que había algo escrito. Decidimos axudar a Carapuchiña para protexer os bosques onde teñen lugar os contos ... e onde viven moitas árbores e animais!

09/04/19

CERTIFICADOS DE APADRIÑAMENTO

¡Xa conseguimos os certificados de apadriñamento de tres chimpancés! Estamos moi contentos e orgullosos!
¿Lembrades a Kudia, Anzac e Lemba? Ahora nós estamos colaborando co seu coidado no centro de rehabilitación de Tchimpounga, na República Democrática do Congo.






¡Grazas a todas e todos polo voso esforzo!

05/04/19

ANIMAIS EN PERIGO!


Os chimpancés están en perigo de extinción. Os motivos son sobre todo tres :

  • Pouco a pouco desaparecen os bosques onde viven, xa que se cortan moitas árbores.
  • Véndense de maneira ilegal bebés chimpancés, xa que hai tente que quere telos de mascota.
  • A caza furtiva de chimpancés.

Pero non só están en perigo os chimpancés, se non outras moitas espacies animais.
ANDY WARHOL foi un artista que destacou en diferentes actividades artísticas : pintura, fotografía, cine ... Pero ademáis foi un gran defensor dos animais, e reflexouno nas súas obras. 
Neste vídeo podes ver parte da sua serie ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN.


28/03/19

¡CANTO QUEREMOS A MARICARMEN!


As nenas e os nenos de Infantil queremos moito a Maricarmen. Axúdanos en moitas cousas, pero sobre todo co traballo da nosa horta.
Un día, xa hai tempo, sementamos cenorias que trouxo o nos compañeiro Manuel. Pero as cenorias non medraban.
Un conto da biblioteca dounos unha pista : ¿os paxaros comerían as sementes das cosas cenorias?


Rápidamente dixémoslle a Maricarmen o que sospeitabamos, e ela fixo e colocou na nosa horta ese mesmo día un espantapaxaros chulísimo. Encantounos! 

A nosa compañeira Alma fíxolle este precioso debuxo como regalo. Gustavos? Pódese ver como un paxaro escapa tan á presa que ata lle cae unha pluma! 👋👋

24/03/19

27/01/19

OS ORANGUTÁNS E O ACEITE DE PALMA

Os CHIMPANCÉS están emparentados cos GORILAS e cos ORANGUTÁNS. Todos eles son SIMIOS.
Xa vimos na clase que os chimpancés da República Democrática do Congo están en perigo, debido á destrucción dos bosques nos que viven e a que os cazan en grandes cantidades. E todo iso facémolo nós, as persoas.😡

Os orangutáns non viven en África, senos en Asia, e desgraciadamente tamén teñen problemas pola nosa culpa. Mira este vídeo e saberás por que :



30 DE XANEIRO : DÍA DA PAZ

O mércores 30 de xaneiro celebraremos na escola o DÍA DA PAZ. Este curso todo o colexio está a participar nunca actividade solidaria de recollida de móbiles relacionada coas minas de coltán na República Democrática do Congo : 
MOVILÍZATE POLA SELVA
O mércores todos xuntos cantaremos e bailaremos esta canción de Susa Herrera. Queres ensaiar?



20/01/19

OS NENOS E AS NENAS DAS MINAS DE COLTÁN


O neno que vemos neste vídeo chámase Dorsen e traballa nunha das moitas minas de coltán que hai no Congo. 
Ten só 8 anos e non pode estar xogando coas súas amigas e amigos nin estudando como fan as nenas e nenos que ti coñeces.



MOVILÍZATE POLA SELVA!

Xa estamos recogiendo os móviles para participar na campaña. Temos xa un montón! Participando nesta campaña colaboramos no mantemento do CENTRO DE REHABILITACIÓN DE CHIMPANCÉS na República Democrática do Congo. Chámase TCHIMPOUNGA, e nestes vídeos podemos ver como axudan e cuidan aos chimpancés.







19/01/19

AS NENAS E OS NENOS NA ESCOLA NA REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO


Onde vive Sira, moitas nenas e nenos non van á escola. 
Os que teñen a sorte de ir, van a escolas moi diferentes á nosa.


AXUDAMOS A SIRA



Xa temos claro que imos axudar a Sira, a nosa amiga chimpancé. Imos participar na campaña de recollida de teléfonos móbiles de MOVILÍZATE POR LA SELVA

http://mobilitzatperlaselva.org/es/


NÓS E OS CHIMPANCÉS

Este vídeo mostramos como os chimpancés fan moitas cousas parecidas a nós. Non somos tan diferentes! 






Chegou á nosa escola unha caixa por correo aéreo desde moi lonxe. Dentro dela viaxou :


Sira é unha chimpancé que veo á nosa escola desde a REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO.

Sira veu á nosa escola a pedirnos axuda. No país no que vive pasan cousas terribles por culpa dan mineral chamado COLTÁN :

¡SOMOS A CLASE DAS BOLBORETAS!

Imagen relacionada

¡Estamos de volta! Somos a CLASE DAS BOLBORETAS, e invitámosvos a visitarnos!