O TEMPO EN LOURO

31/03/20

ABRIL

Mañá comeza o mes de ABRIL . Aquí tedes o calendario e o dito para este mes. 



Durante o curso, os días que imos á escola están ocos, de tal forma que podemos colorealos con rotuladores de cores. En cambio, os días que non imos á escola están negros. Ahora, é diferente, pero  podemos seguir repasando cunha cor distinta e acordada en casa o sábado e o domingo.

Por certo, fixádevos no debuxo do dito. Saberíades explicalo? Que creedes que ocorre no debuxo?

A MOVERSE! (VERSIÓN MAMÁS & PAPÁS)

As mamás e os papás tamén necesitamos coidarnos e estar en boa forma física. E que mellor que un entrenador persoal!

Aquí temos un vídeo no que Raúl Olveira, que foi alumno do colexio de Louro, móstranos unha clase de Interval Training sen material. A que mola? 
As nenas e nenos que queiran sumarse, tamén poden! 😜


A MOVERSE!

Calqueira momento é bo para mover o corpo. Ahora a proposta é un circuito caseiro, que podedes montarcon obxectos que de seguro tedes na casa. Por suposto, admite variantes, que podedes compartir nos comentarios.
Imos aló!!! 
                                   

NA CASA

Estos días son moi raros para todos. 
Non podemos sair da casa por culpa de algo tan, tan pequeniño que só poderíamos velo cun microscopio pero que nos pode poñer moi maliños: o malvado coronavirus! A nosa compañeira e científica Suevia nolo explica moi ben no vídeo.
Buscamos a maneira de continuar facendo cousas que nos gusten, que nos divirtan e de compartilas coas personas que queremos. Pouco a pouco, e sobre todo todos xuntos, lograremos vencer a ese malvado!



27/03/20

¡QUE RICOS PINGUÍNS!

Mmmm! 😋 Xa sei que imos merendar hoxe!

A HORA DO CONTO

Alguen de vós oiu falar do Ratiño Pérez? 
Siii! Claro! A algunha e a algún de vos xa vos caeu algún dente, a que si?
E sabedes por que anda a recoller debaixo das almofadas os dentes que vos caen? 
Se queredes descubrilo, mirade este vídeo:
Que? Como vos quedastes? 😮
Despois desta sorpresa, igual vos apetece debuxar aos protagonistas deste conto : o ratiño e o león.
Podedes debuxalos como vos queirades, ou guiarvos por estas instrucións. Están en inglés, pero non ides ter problema : Sodes unhas máquinas!!!

Primeiro, o león:



E logo o ratiño :



A XOGAR!

Para participar neste divertido e emocionante xogo antes tes que preparar o material.
Necesitas :
  • 8 vasos de iogur ou rolos de papel hixiénico.
  • Papel 
  • Regla
  • Lápis
  • Pinturas de tres cores diferentes
  • Tesoiras
  • Pegamento
  • Ganas de pasalo ben 😉



Primeiro tes que trazar as liñas dos dous taboleiros nun papel grande (tipo A3). Na parte inferior, coloreas cada parte dunha cor diferente.

Logo elaboras as  8 "fichas tridimensionais" pegando papeis coloreados nos vasos de iogur ou nos rolos de papel. Como ves na fotografía, 3 dunha cor, 3 doutra cor, e por último 2 dunha cor distinta. 

Ben, ahora que xa temos o material, imos ver como se xoga :


Podemos ampliar a dificultade do xogo engadindo unha fila e unha columna máis á grella.
Gana o xogo o que primeiro ordena as súas fichas, seguindo as normas que vedes no vídeo. A xogar!

A autora do xogo é Olga Patiño Abeixón.

APRENDER INGLÉS CANTANDO E BAILANDO

Chegou a hora de inglés! 
Atentos : tedes que escoitar con atención a canción, copiar os movementos  e cantar.
Are you ready? Come on, we start!

Xa a sabedes? Pois ahora imos intentalo con este vídeo :


E se queredes seguir, intentámolo de novo, pero con algo diferente ...


Ahora a descansar, merecédelo! 👏👏

CANTANDO A ROSALÍA DE CASTRO

¡Sodes uns artistas! 👏👏👏

26/03/20

PASTA DE SAL

Unha actividade divertida para facer estos días en familia. Seguro que o pasades fenomenal!



PINTAMOS UN CADRO

Estos días que temos que estar na casa, podemos facer cousas divertidas. Por exemplo, coller as nosas témperas ou acuarelas, o noso mandil de pintor ou pintora e a traballar!

Unha boa idea é deixarvos levar pola vosa imxinación. Seguro que vos queda unha estupenda obra de arte!
Pero tamén podemos seguir unhas instrucións que nos sirvan de axuda. Neste caso déixovos unha suxerencia con AVES.



Sea como sea, ides pasar un tempo moi divertido! E, se queredes, colgaremos aquí as vosas obras pictóricas!



25/03/20

XOGOS DE MATEMÁTICAS

 Elixe o nivel ao quequeres xogar e ... pásao ben!!




A HORA DO CONTO

Gústanche os gatos? Dígocho porque o protagonista do conto de hoxe é un gato.
O conto titúlase :"UN GATO NA ÁRBORE", e para velo e escoitalo preme no seguinte vídeo.


Gustouche o conto? Serías capaz de nomear os personaxes que saían no conto? Proba a ver ...

Ahora, podes debuxar ao protagonista do conto. Pero dunha maneira especial : seguindo as instrucións deste vídeo. Tes que aguzar o oído, está en inglés!
Colle papel e lapis e comeza!



¡CONTAR E XOGAR!



Mirade o que podedes facer con cousiñas que seguro tedes por casa. Unha maneira lúdica de traballar a asociación entre a grafía dos números e a cantidade que representan. 

¡GRAN CONCURSO!

https://bibliodelouro.blogspot.com/2020/03/adivina-adivinanza.html

24/03/20

DO 1 AO 10

Despois da entrada anterior, podes imprimir e facer algunha destas fichas. 
Para todos👇

Para o equipo 1👇



Para os equipo 2 e 3 👇

¡IMOS CONTAR! PREPARADOS, LISTOS, XA!

Chegou o momento das mates. Na escola facemos unha actividade sinxela para traballar a serie numérica (en orde ascendente, do 0 ao 10, e en orde descendente, do 10 ao 0) pero que lles gusta moito e da moito xogo cos números.
MATERIAL: as vosas mans.
PROCESO:
  • Poñédesvos diante da vosa nena/o coas dúas mans detras do lombo.
  • Mostrades unha soa man, pechada, e decides "Cero"(non hai ningún dedo levantado). Logo ides levantando amodo dedo a dedo e contando á vez ("Un, dous, tres, catro, cinco"). O número que decimos sempre ten que corresponder ao número de dedos levantados.
  • Cando chegamos a cinco, facemos ver que temos cinco dedos na man, non hai máis. Cos máis peques podemos cantar "Cinco lobiños".
  • Logo, mantendo os dedos desa man levantados, mostramos tamén a que aínda tiñamos detrás do lombo, ao lado da outra,  e imos levantando os seus dedos e contando ("seis, sete, oito ..."). Ten que quedar claro que para formar os números maiores que cinco necesitamos das dúas mans.
  • Cando chegamos a dez, facemos ver que temos 10 dedos nas dúas mans. 
  • E comezamos a viaxe inversa : imos baixando amodo dedo a dedo e contando en orde descendente ("Dez, nove, oito, ...)
  • Cando baixamos os cinco dedos dunha man, inmediatamente a levamos detrás do lombo. So queda unha man cos seus cinco dedos leventados.
  • E continuamos así ata o cero.
Podedes imprimir este material no que se ve a equivalencia a grafía dos números, dedos das mans e cantidade (puntiños nos dados)



Na escola temos dous dados cos que sumamos de maneira manipulativa. Son cubos de madeira de cores diferentes dun xogo de construción tuneados. Púxenlle en cada cara un número (do 0 ao 5).
Tirámolos e sumamos as cantidades dos dous dados. Desta maneira:

  • Miramos e decimos o número que saiu en cada dado. Cada un deses números facémolo cunha man, levantando os dedos que correspondan. 
  • Coas dúas mans detrás do lombo, decimos:"Pensamos, preparamos (estiramos os dedos aínda coas mans detrás do lombo) e ¡ensinamos!" (Mostramos as mans. Cada man=cada dado) Comprobamos que está ben. 
  • Observando as mans, decimos cal é o número maior dos dous (recalcade aos peques que o número maior será o que corresponde a máis dedos levantados) e decimos : 4 é maior ca 2 (por exemplo)
  • Para sumar as dúas cantidades, "gardamos" ese número maior na cabeza (levamos a man que ten máis dedos levantados á cabeza) e contamos a partir dese número os dedos da outra man. No exemplo de "catro máis dous", levamos á cabeza a man cos catro dedos levantados e contamos só os dedos da outra man, pero a partir de catro: "cinco e seis. Catro máis dous son seis".
Podedes tamén descargar este material. Son dúas rectas numéricas. A de abaixo gústame moito. Se xogades poñendo algo pequeno en cada columna, van asociando moi ben a grafía de cada número coa cantidade, onde hai máis cousas e menos, cantas máis ou cantas menos, ...







BABY SHARK

Os máis maiores seguro que lembrades unha canción que cantáchedes o curso pasado con Sarah, a rapaza que viña do Canadá a falar inglés connosco.


Pois mirando por internet, mirade que atopei!. A que mola?



Lembrade que é moi importante que lavedes moi ben as mans con frecuencia!

AS AVES SON ANIMAIS OVÍPAROS

As aves son animais ovíparos : NACEN DE OVOS.
Esto e moito máis, poderás velo neste vídeo para ornitólogas e ornitólogos. 


¿COMO NACEN AS AVES?

As aves nacen de ovos.
¿Que ves no debuxo? Intenta decir o nome de cada elemento.
¿Sabes quen é mamá e papá?
Mamá galiña pon ovos, e deles nacen pitiños. 
Neste vídeo podes ver como sae un paxariño do seu ovo. Ocorreu nun zoolóxico, por eso vas ver mans de persoas.


Xa sabes que non todos os animais nacen de ovos. Os mamíferos nacemos da barriga de mamá. Por eso o ornitorrinco é un animal tan raro: é mamífero e pon ovos!!!
Xa que eres un bo ornitólogo ou ornitóloga, aquí che deixo unha tarefa por se queres facela. Nela terás que recortar e pegar por orde os debuxos para ilustrar o nacemento dun pitiño. Sorte!
Necesitarás : tesoiras, pegamento e pinturas. 

SOMOS COCIÑEIRAS E COCIÑEIROS

Un día destos imos ser cociñeiras e cociñeiros. E imos escribilo!
Para o equipo 1 :





E para os equipos 2 e 3 :




23/03/20

AS AVES NA NOSA ESCOLA

Estos días nos que non podemos sair da casa, a nosa amiga Maricarmen sigue indo á escola. E sabedes que? Os paxaros comeron nos comedeiros que lles puxemos!!!!👏👏👏👏👏👏



Pero hai algo máis! Algo que desconcertou a Maricarmen: Tamén comeron as landras que tiñamos para xerminar!😧😧😧😧 Vaia!



 Pero tranquilos! Aínda están os carballos que naceron, e plantarémolos cando volvamos á escola, Tedes que volver con moitas ganas de traballar!

¿QUERES SER COCIÑEIRA OU COCIÑEIRO?

Xa sabedes que estades invitadas e invitados a participar na elaboración dun receitario de cociña.
Vaia! Sabedes quen é o rato que lle respondeu a Celina? Pois o protagonista deste vídeo. Alguén de vós viu a película? Este pode ser un bo momento!


Sí! Acertáchedes! É Ratatouille, o famoso cociñeiro!
Animádevos a participar no RECEITARIO DO COLEXIO DE LOURO! 

22/03/20

NACEMENTO DUNHA ÁRBORE

Este vídeo vímolo máis dunha vez na escola. É asombroso como de algo tan pequeniño coma unha semente, pode medrar unha maxestuosa árbore.


PLANTANDO UN ARÁNDANO

A nosa compañeira Martina plantou unha árbore na súa horta.




Unha árbore que cando sexa grande dará uns froitos chamado arandos.


COCIÑAR EN FAMILIA

Para manter o vínculo escolar coas compañeiras e compañeiros, e o sentido de pertenza co centro, propoñévosvos  a elaboración dun LIBRO DE RECEITAS COMUNITARIO.



Eliximos a actividade da cociña por tratarse dunha agradable experiencia en familia da que seguramente estades disfrutando estes días. 
Se non é así, animámosvos a probar a deliciosa experiencia de elaborar entre todo o clan un saboroso biscoito, unhas ricas tortas, unhas gorentosas galletas.


A proposta é OPCIONAL.
Coas receitas recibidas, dende o centro montaremos e farémosvos chegar o RECEITARIO COMUNITARIO.

Se desexades participar, enviádenos aos  correos que se vos indicaremos según a etapa educativa :

  • TEXTO da receita, detallando ingredientes, cantidades e pasos de elaboración.
  • Unha FOTO do produto final.
  • Dúas FOTOS do proceso de elaboración en familia.




No caso das familias que teñades varios irmáns no centro, enviades só unha receita.




Aquí vos deixamos algúns recursos que de seguro vos darán apetitosas ideas:

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Vaia! Non deixamos de celebrar días adicados a cousas importantes!
Hoxe, 22 de marzo é o DÍA DA AUGA.


A auga é indispensable para a vida. Nós non poderíamos vivir sen auga, nin os demáis animais, nin as plantas. Así que fixádevos no importante que é axudar a que se manteña ben.





E como podemos axudar? Para empezar, tendo moito coidado no que tiramos ao lixo, e onde o tiramos. Fixádevos no que hai escrito ao lado do sumidoiro.






21/03/20

XOGANDO NO BOSQUE

E xa que estamos no Día Internacional dos Bosques, podemos ir xogar un rato a un deles, pero sen sair da casa. 
¿Como? Clica nesta imaxe e verás ...


AS NOSAS POESÍAS. Paula Fernández Leis

A nosa compañeira Paula Fernández Leis celebrou o Día Internacional da Poesía da mellor maneira posible : escribindo e ilustrando unha poesía. 
Aquí tedes o texto e o debuxo 




























NOTA DA AUTORA: "No debuxo aparece unha parede, e encima dela unha gaivota e unha bandeira"  






Ademáis leu coa súa familia varias poesías dun libro escrito por un poeta que seguro coñecedes: ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO








A CANTAR E A BAILAR!

Pero non todo vai ser estar sentado no sofá vendo e escoitando contos, non? 
Tamén hai que moverse, divertirse montando unha orquestra con toda a familia, e co can tamén se quere! 😅


¡Fai clic na imaxe, e non poderás parar de cantar e bailar!


OS CONTOS DO CAMIÑO

De seguro que ides ter un ratiño para ler algún conto. A que si? Pero ás veces, os contos tamén poden verse e escoitarse. 
Se vos apetece, podedes clicar na seguinte imaxe, levaravos a un montón de contos fabulosos!

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Hoxe, 21 de marzo, ademáis de celebrar o Día Internacional dos bosques, é tamén o DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA. Esto é un non parar!
E que mellor maneira de celebralo que cunha poesía.


Se queredes imprimir a poesía, déixovos tamén o PDF. 
Lembrades o que mirabamos na escola antes de recitala? Mirabamos o texto de letras máis gordas e grandes que hai arriba (TÍTULO da poesía) e abaixo (POETA OU POETISA que escribíu a poesía). E logo a recitala! 

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES 2020


Hoxe, 21 de de marzo, é o DÍA DOS BOSQUES en todo o mundo!
Gústache o cartel? É bonito, verdade? Fíxate no lema deste ano (as letras verdes) : DEMASIADO PRECIOSOS PARA PERDERLOS. Quere decir que son moi, moi valiosos para nós e todos os demáis animais do noso planeta. Por iso hai que coidalos.
E lembrades por que son tan importantes os bosques? 

20/03/20

ANDORIÑA

Se queres, podes descargar, imprimir e colorear esta andoriña. 
Lembras as cores desta ave? Podes consultar o enlace da guía de aves da entrada anterior. Seguro que che queda fenomenal!

AS VIAXES DAS AVES

Ahora que comeza a PRIMAVERA, as nosas amigas as AVES están a viaxar polo mundo adiante, recorrendo ás veces enormes distancias. Parece mentira, verdade? Son capaces de voar durante días e días, atravesando continentes e océanos. Como o farán?



¿Lembrades o dito que aprendimos na escola este mes de marzo?
O DÍA DE SAN XOSÉ, A PRIMEIRA ANDORIÑA SE VE

O día de San Xosé foi onte, 19 de marzo. Víchedes xa algunha? 
Xa sei que vos tampouco podedes sair da vosa casa, pero igual tedes a sorte de ver algunha a través da ventana. Xa me contaredes ...

Se queredes saber máis sobre as andoriñas, clicade no seguinte enlace.  As persoas que elaboran esta información son ornitólogas e ornitólogos: saben un montón de aves. Pero escriben nun idioma diferente ao noso, por eso en vez de andoriña chámanlle golondrina, que é o nome deste ave en castelán.

A MÚSICA DA PRIMAVERA

Escoitade con atención a música deste vídeo. ¿Coñecédela?
Claro que sí!!! E a música da tormenta, como vos lle chamades.

O compositor desta música foi ANTONIO VIVALDI, un home que viviu hai moitos, moitos anos nun lugar chamado VENECIA. 
ANTONIO VIVALDI
GRAN CANAL DE VENECIA

BENVIDA PRIMAVERA!


Hoxe, venres 20 de marzo comeza a primavera!!!
Si, xa sei que no noso calendario da escola tiñamos que comezaba mañá, pero non! Este ano adiántase un día.
Se queredes, podedes descargar e imprimir este debuxo para colorear.
Feliz primavera atodas e a todos!

16/03/20

AS NOSAS FICHAS DAS AVES

Estas son as fichas que fumos facendo na escola.
Só hai ao final dúas que ainda non fixeramos cando se suspenderon as clases. Se vos apetece, podedes continuar onde o deixamos ou facelas todas de novo. 
A primeira páxina é a que vai no reverso de cada copia, para que escriban nome e data. Se queredes, non a imprimides.
Nas partes das plumas, hai dous modelos diferentes : un para o equipo 1 (a que ten as palabras xa escritas  para repasar) e o outro para os equipos 2 e 3.
Nestes días irei colgando máis.

SOMOS ORNITÓLOGOS!


Aquí tedes alguna fotografía de aves, co seu nome debaixo por se queredes aprender a escribilo. 
Primeiro imprimides o documento e logo recortades as tarxetas. Podedes pegalas nun cartón, para que teñan mais consistencia. 
O reto é intentar ler e escribir noutro papel o nome de cada ave. 

COMO DEBUXAR ...

¿Queredes debuxar aves? 
Collede lapis e papel, e a debuxar!
Podedes imprimir o documento, e van completando cada figura comezando por un círculo grande. 
Teñen que ir lendo as figuras de esquerda a dereita, incorporando ao debuxo o que corresponda. Na clase teñen cada tira por separado, para que non se líen 😅

PIPER

E ahora a ver de novo o vídeo da nosa ave favorita : Piper!



Misión Coronavirus!

¿Estás preparado para participar nesta misión?
Se é así, esperamos toda a túa colaboración. 
Somos un gran equipo, e todos xuntos poderemos logralo! 




CELINA E O CORONAVIRUS


¡Como vos boto de menos! Eu estou tamén confinada na escola. Que palabra mais rara, verdade? CONFINADA! Ahora xa sabedes que significa que teño que estar aquí dentro, non podo sair a nada, coma vos!
E sabedes por que pasa isto? Por culpa do coronavirus! Alaaa! Outra palabra ben rara!
Se queredes saber algo máis deste extraño virus, mirada con atención o que vos deixo aquí. 

¿QUE TEÑEN DE ESPECIAL AS AVES?




  • ¿AS CORES BONITAS? 
     Non! Outros animais, coma os peixes e insectos tamén teñen preciosas
     cores!

  • ¿O PETEIRO? 
     Non! Outros animais, coma as tartarugas tamén teñen peteiro!

  • ¿OS OVOS? 
     Non! Outros animais, coma os peixes, insectos, réptiles, anfibios e ata
     alguns mamíferos (lembrade o ornitorrinco) tamén nacen de ovos!

  • ¿AS ÁS? 
     Non! Outros animais, coma os insectos e alguns mamíferos (o morcego) 
     teñen ás.

¿Entón,  que teñen as aves que as diferencian de calqueira outro animal?

AS PLUMAS