O TEMPO EN LOURO

27/10/19

HISTORIA DUNHA BOLSA DE PLÁSTICO

Temos que ser moi cuidadosos coas bolsas de plástico, se non poden pasar cousas como esta:




LIMPAMOS A PRAIA!

O venres participamos nunca actividade organizada polo concello de limpeza de praias. Nós limpamos a de San Francisco.
Tiñamos a misión de recoller todos os plásticos que viramos, e xuntamos moitísimos!
Sonia, a encargada da actividade, contounos as consecuencias de que as persoas tiremos tantos resíduos de plástico. É terrible!









E fixémolo tan ben que ata saímos no xornal! Aquí redes o enlace da noticia: 


Nós estamos moi orgullosos do noso traballo na escola. Participamos na actividade RECREOS RESÍDUOS CERO, e xa non tiramos case nada de plástico. Somos uns campións!




15/10/19

ESTAMOS EN OUTONO!


Xa estamos en outono. Vai máis frío, os días son máis curtos, e a algunhas árbores cáenlle as follas. Se queres probar o que sabes do outono, atrévete con este xogo. Fai clic nas seguintes palabras :


A BRUXA REGAÑADENTES

Non só Carapuchiña vive no bosque. 
Tamén vive unha famosa bruxa, moi coñecida polos seus dentes de ferro : A bruxa Regañadentes


A LANDRA E O CARBALLO

Un día saímos explorar o bosque, acompañados de Sonia, a axente medioambiental do concello de Muros. Vimos moitas árbores, toxos, paxaros, cogumelos, ... E moitas landras! 
Nós xa colleramos landras no patio do noso colexio, e vimos como caían dunha árbore chamada carballo. 
O que non sabíamos era que ¡dunha landra pode nacer un carballo!
E cando vimos este vídeo na escola, non o podíamos crer! Unha landra, como as que recollimos no bosque, convertíase nunha árbore! Parece maxia!




¿QUEN VIVE NOS BOSQUES?


Descubre con Doki que vive no bosque :



¿QUE NOS APORTAN OS BOSQUES?


¿Imaxinades un mundo sen bosques? Sería terrible! Cantas cousas nos aportan!! 



¿QUE LLE PASA A CARAPUCHIÑA?

Un día recibimos na escola esta mensaxe :



¿Por que estaba tan triste Carapuchiña? De pronto, decatámonos de que o bosque estaba queimado e de que había algo escrito. Decidimos axudar a Carapuchiña para protexer os bosques onde teñen lugar os contos ... e onde viven moitas árbores e animais!