Un día saímos explorar o bosque, acompañados de Sonia, a axente medioambiental do concello de Muros. Vimos moitas árbores, toxos, paxaros, cogumelos, ... E moitas landras!
Nós xa colleramos landras no patio do noso colexio, e vimos como caían dunha árbore chamada carballo.
O que non sabíamos era que ¡dunha landra pode nacer un carballo!
E cando vimos este vídeo na escola, non o podíamos crer! Unha landra, como as que recollimos no bosque, convertíase nunha árbore! Parece maxia!