Estas son as fichas que fumos facendo na escola.
Só hai ao final dúas que ainda non fixeramos cando se suspenderon as clases. Se vos apetece, podedes continuar onde o deixamos ou facelas todas de novo.
A primeira páxina é a que vai no reverso de cada copia, para que escriban nome e data. Se queredes, non a imprimides.
Nas partes das plumas, hai dous modelos diferentes : un para o equipo 1 (a que ten as palabras xa escritas para repasar) e o outro para os equipos 2 e 3.
Nestes días irei colgando máis.